Tuesday 07 de May de 2024

Os cadetes do Órdenes, novos campións de liga


Tras 21 xornadas e a falta dun último partido os cadetes da Sociedade Deportiva Club Órdenes veñen de proclamarse campións de liga. Deste xeito ven completada a primeira fase da tempada cuns resultados altamente satisfactorios con 15 partidos ganados, 3 empates e tan só 1 derrota. O equipo afronta a segunda fase da tempada co obxectivo primordial de acadar o ascenso á primeira autonómica cadete.